En breve coñeceremos aos gañadores das entradas para o concerto de Roi Casal!
Roi Casal recolle, revisa e redefine as lendas douradas da cultura galega nunha ducia de cancións que mesturan sons que levan en Galicia dende antes da Idade Media, como o da zanfona e o da arpa, con matices pop do século XXI. A calidade das composicións e a perfecta interpretación e posta en escena dos temas caracterizan un concerto no que se fusionan tradición e modernidade.
Pronto faremos públicos os nomes dos cinco afortunados gañadores dunha entrada para o concerto do día 13 de marzo.
Comproba a continuación cales eran as respostas correctas!