Rodrigo Leão presenta o seu traballo máis introspectivo e nostálxico,
A Mãe. Texturas melancólicas que arroupan as emocións que o recoñecido compositor portugués foi recollendo nas súas viaxes polo mundo, coas que tece melodías nas que mestura a sensibilidade pop, ancorada nas intervencións de Stuart Staples, dos Tindersticks, e Neil Hannon, de The Divine Comedy, coa exquisita sofisticación nos arreglos propia dos traballos de Leão, que acadan unha nova dimensión coa colaboración da Sinfonieta de Lisboa.